Nova proposta para o Día da Nai. Redondela acolle este domingo 5 de maio o espectáculo “Amantes da Terra”, unha proposta musical e cultural en torno á tradición e folclore galego que terá lugar na Alameda Castelao a partir das 18:00 horas. O evento está destinado a todos os públicos e é de balde.
“Amantes da Terra” é un musical que celébrase na honra do escritor Antón Fraguas, autor ao que lle está adicado o Día das Letras Galegas 2019. O escritor galeguista destacou por ser un gran estudoso e recopilador de escolmas de cantigas. O obxectivo deste espectáculo é poñer en valor a figura de Antón Fraguas na cultura galega.
O espectáculo está producido pola Xunta de Galicia e por Queiman e Pousa a través dun convenio que o levará a ser presentado en distintos concellos de toda a comunidade galega. A estrea será en Vilalba o día 4 mentres que en Redondela chegará este domingo 5 de maio nun musical que terá lugar ao aire libre.
“Amantes da Terra” conta coa participación de Andrea Pousa, Bruxo Queiman, Coral Vales Mahia, Coral Salvador de Camanzo, Grupo de Gaitas e Baile Foula e a Banda de Música Unión de Lantaño. O alcalde de Redondela, Javier Bas, a concelleira de Turismo, Teresa París, presentaron esta proposta cultural o pasado xoves 2 de maio acompañados dos artistas Bruxo Queiman e Andrea Pousa.