Arbo xa agarda para ser a capital gastronómica de Galicia coa Festa da Lamprea

Publicidad

A última fin de semana de abril (22, 23 e 24 de abril), os hostaleiros, adegueiros e habitantes de Arbo celebran un evento de gran calado que atrae a visitantes de todas partes e que ostenta o titulo de Festa de Interese Turístico Nacional. Trátase da ‘Festa da Lamprea’, que en este ano 2022 cumpre 62 anos. Nela e despois de dous anos de parón pola crise sanitaria, os restaurantes da zona fan gala da súa boa man cociñándoa por exemplo ‘á arbense’, no seu propio sangue, que é unha das receitas máis soadas e consumidas.

O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, lembra que este ano, volve ARBOMOSTRA “ Feira Agroindustrial e Artesanal do Condado Paradanta”, que este ano cumpre 36 edicións.

Arbomostra, escenario central da Festa da Lamprea, que este ano esta situada na Praza do Mercado, contará coa presenza de stand de artesanía, produtos da comarca, degustación de lamprea e dos viños das adegas con D.O Rias Baixas e ao mesmo tempo que maiores e pequenos gozan dunha ampla e variada programación cultural.

En Arbomostra, durante os días 22, 23 e 24 Abril, os visitantes na carpa de ‘ Arbomostra’, feira agroindustrial, poderán degustar durante estes tres días, a lamprea ao estilo ‘ arbense’ e a lamprea seca nas súas distintas formas de preparación acompañada polos viños das adegas de Arbo, que teñen a súa representación na Carpa.

Quizá sexan as viñas, ou os arbenses, ou os recunchos do Miño ao seu paso por esta localidade o que fai que a lamprea volva unha e outra vez ás súas augas… pero está claro que quen practicamente duplicarán a poboación de Arbo nunhas semanas, farano pola lamprea

Salir de la versión móvil