Arranca a proxección de máis de 50 filmes en Vigo co Festival Primavera do Cine

FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE

Publicidad

Máis de 50 filmes proxectaranse esta fin de semana en Vigo con motivo da undécima edición do Festival Primavera do Cine, que pretende que brote na cidade unha "pequena revolución cultural", explican dende a organización. O evento que converterá a Vigo no epicentro da cultura cinematográfica durante os próximos días arranca este martes e levarase a cabo ata o domingo 18 de setembro. Seis días durante os que se poderá desfrutar dunha amplía proposta de curtas e longametraxes en catro sedes diferentes da cidade: no Auditorio do Concello, na sede viguesa do Instituto Camôes, no Museo Marco e na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo.

Nesta nova edición proxectaranse máis de medio centenar de filmes de cineastas como María Ruído, Eloy Domínguez Serén, Xisela Franco, Diana Toucedo ou Lucía Estévez, entre outros moitos. O festival dividirá os traballos nas seccións "Eu tamén navegar", "Há mais futuro que passado", "Mistura de centeo", "O rexurdir da terra asoballada" e “Ondas do mar de Vigo”. Ademais, o evento acollerá a celebración de varios obradoiros gratuítos para todas as franxas de idade. Para consultar o catálogo completo das proxeccións e actividades faga clic aquí.

Por segundo ano consecutivo, o evento terá unha sección infantil, conformada por catro curtas de animación, que contará cun xurado de nenos de entre 8 e 11 anos. "A incorporación ao festival dun xurado infantil como fórmula para a creación de novos públicos resulta moi enriquecedora dada a responsabilidade que senten os seus membros, que debaten e analizan cada curta con todo detalle", indicaron dende a organización.

Entre outras propostas, o Festival Primavera do Cine de Vigo levará a cabo unha homenaxe á actriz galega María Casares, polo centenario do seu nacemento, e entregará unha mención honorífica ao Cineclub Lumière, que terá lugar no acto de clausura que se celebrará o domingo ás 19:00 horas.

En canto aos prezos, por unha banda, o acceso ás funcións de longametraxes terá un custo de catro euros; por outra banda, as sesións de curtas e videoclips terán un prezo de tres euros; os obradoiros, a cerimonia de clausura e as proxeccións realizadas no Instituto Camões serán de entrada gratuíta.

Programación do Festival Primavera do Cine

Martes 13 de setembro

Mércores 14 de setembro

Xoves 15 de setembro

Venres 16 de setembro

Sábado 17 de setembro

Domingo 18 de setembro

Salir de la versión móvil