"Arte do adentro", no Centro Cultural de A Guarda

Publicidad

A exposición "Arte do adentro", do grupo de artistas plásticos do Baixo Miño SOMOSARTE permenecerá aberta ao público no Centro Cultural de A Guarda ata o martes 15 de agosto en horario de mañá -de 10:00 a 13:00 horas- e de tarde -de 19:00 a 22:00 horas- durante toda a semana.

SOMOSARTE, que nacía como colectivo hai poucos anos, está formado por diferentes artistas plásticos da zona do Baixo Miño que teñen a arte como paixon común. Despois de varias mostras oprganizadas en O Rosal, Tomiño, Tui ou Porriño, a exposición que desembarcou o luns en A Guarda é unha oportunidade única de deleitarse coas creacións dos tres pintores e os catro escultores participantes.

Na exposición "Arte do adentro" poderán degustar as obras de Libia Domínguez (Goián), Nacho Martínez (Naa, A Guarda), Mónica Taboada (Puntal, A Guarda), Adrián Pena (Vigo), Ignacio Moure (Moure, Tomiño), Anxo Ferreira (A Guarda) e Xuxo Malone (A Guarda).

Salir de la versión móvil