↥Publicidad
O Concello da Guarda organiza para as dúas últimas fins de semana deste mes o certame Petiscos con Arte , un percorrido gastronómico no que cada establecemento ofrecerá unha tapa por un prezo de 1,50 euros.
As características do roteiro de petiscos e os horarios, ademais das obras de arte que estarán expostas, pódelas consultar aquí. Porén, a continuación quedas coas fotografías de cada unha das tapas.
Tapas de Petiscos con Arte en A Guarda
Tapa de La Casilla | Tosta de pan rústica galego, tetilla, polbo, pementón picante, sal maldon e aceite de oliva
Tapa de Xantar | Pataca ao forno con Ali oli e carne con verduriñas de tempada
Tapa de Novo Bar | Tosta de pan con xamón, salmón, lagostino, ovo cocido, pemento vermello e salsa rosa
Tapa de O Cangrexal | Cestiñas crocantes de xamón e gula
Tapa de Alameda | Mini quiche de bacon e champiñóns
Tapa de Marbella | Polo á laranxa con puré de pataca e crema de cabaza
Tapa de Cramoeiro | Carne de porco guisada con mazá e cenoira
La Pizzicata | Arroz de chocos na súa tinta, lagostino e zamburiña
Tapa de Xeito | Hamburguesa de peixe espada do atlántico
Tapa de Terra Verde | Tosta de cecina con espárragos de Lodosa, noz galega e salsa Bastarda picante
Tapa de Brétema | Gula con azafrán e un toque de pementa branca e cremoso de nata
Tapa de Avenida | Tosta de pan de sementes con queixo crema, cecina, aguacate, ovo cocido e vinagre de módena
Tapa de As Pozas | Pemento piquillo recheo con queixo fresco, noces e améndoas
Tapa de Art Café | Bacallau confeitado, crema de allo negro e terra de malta
Tapa de Kanellas | Tallaríns doces con espuma de tiramisú e salsa de chocolate