As asociacións, protagonistas esta fin de semana na praza do Seixo de Tomiño

Publicidad

A participación cidadá é fundamental no bo funcionamento dunha sociedade, e Tomiño saca músculo asociativo na 5ª edición desta Festa das Asociacións que se celebrará este sábado e domingo na Praza do Seixo.

Este sábado, 19 de agosto, a partir das 10.30 h. terá lugar a apertura da Feira de Oportunidades e Artesanía, xunto coa exposición das asociacións tomiñesas na praza, e a exposición da asociación Somosarte no Mercado Municipal.

O resto do día estará amenizado por actividades para nenas e nenos, barbería solidaria na rúa, zumba e concertos.

O domingo 20 de agosto continuará a feira de oportunidades e os postos das asociacións. A partir das 11:00h. terá lugar o concurso de Debuxo e pintura ao aire libre organizado pola Asociación Cultural, Deportiva e Recreativa Solleiro de Tomiño. Para rematar coa programación, as 11.30 da mañan terá lugar a axctuación de Batucada Lenha Verde, e as 20.30 h. un espectáculo con marionetas a cargo de Viravolta Títeres.

Un fin de semana completo de actividades variadas onde as asociacións de Tomiño serán as protagonistas.

Salir de la versión móvil