Salceda de Caselas dará o pistolezado de saídas ás Festas do Cristo o vindeiro sábado 20 de xullo cun “estourazo” que este ano estará dedicado ao fútbol amateur. O Ameixoa F.C. é o colectivo escollido este ano para prender o inicio das festas. A cita arrancará ás 22:00 horas no balcón da Casa da Cultura.
O equipo de fútbol afeccionado foi elixido polo equipo de Goberno tras lograr nesta última tempada (18/19) a mellor clasificación dende a súa fundación no ano 1978, conseguindo gañar o Torneo de Copa, xunto cun merecido premio á deportividade. O goberno municipal sinala que se buscar recoñecer “a traxectoria do club, despois de 40 anos de historia”.
O Ameixoa compite na primeira división do Campionato de Liga Afeccionados de Salceda, que cada ano organiza a Sociedade Deportiva Salceda.
O Estourazo, que este ano celebra a súa décima edición, serve cada ano para marcar o inicio das festas do Cristo. A cita busca recoñecer a traxectoria de asociacións e colectivos de Salceda que teñan destacado no ano en curso, e por ela xa levan pasado asociacións e colectivos culturais, deportivos, sociais, sanitarios, etc.
Programación das festas
No ámbito musical as festas do Cristo comezarán co concerto de Susana Seivane, que chegará a Salceda o mesmo sábado 20 de xullo dentro do programa Musigal da Deputación de Pontevedra. Pola súa parte, as verbenas contarán con Grafitti, La Dimensión, Grupo La Nave, La Estación e Grupo Nebraska.
Sábado 20 de xullo
- Dirt Track (Organiza Entroido A Feira). Campo das Curuxeiras.
- 20:00 Desfile da Agrupación Gaiteira de Salceda polas rúas da Esfarrapada.
- 22:00 X Estourazo de inicio das Festas do Cristo dende o balcón da Casa da Cultura.
- 23:00 Verbena co Grupo La Nave
- 23:59 Actuación de Susana Seivane
Domingo 21 de Xullo
- 11:45 VIII Acto Cívico Salcedenses Distinguidas/os
- 12:45 Misa cantada pola Coral Polifónica de Santa María de Salceda
- 13:30 Concerto da Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas
- 21:00 Concerto da Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas
- 22:00 Verbena con Grafitti e La Dimensión
Luns 22 de xullo
- 21:30 Clase aberta de Zumba con Noelia Rodríguez
- 22:30 Verbena coa Orquestra La Estación e Grupo Nebraska