O pasado venres, día 18, deu comezo a 'Programación de Nadal das Neves', marcada pola pandemia da Covid19. A mesma comezou coas visitas do Apalpador ás escolas unitarias de Rubiós e Taboexa e ao patio de Infantil do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé,
Xa ata o 7 de xaneiro, haberá actividades de lecer xuvenil na Casa da Xuventude, que abrirá de martes a domingo de 17:00 horas a 22:00 horas (agás os días 24 e 31, que pechará ás 21:00).
Entre os días 23 de decembro e 8 de xaneiro, desenvolveranse as ludotecas de Nadal para nenas e nenos de entre 6 e 12 anos en horario de mañá e de tarde. Actividade previa inscrición que xa foi pechada.
Na seguinte fin de semana haberá un pasarrúas do Apalpador polo centro urbano do concello pontevedrés, o sábado 26 de decembro a partir das 12:00 h. E, o domingo 27 ás 18:30 h, no Auditorio Municipal, haberá unha sesión de teatro familiar coa obra Carabela da compañía Galeatro.
Para finalizar, e debido a que este ano non é posible realizar a Cabalgata de Reis, os agasallos para os máis pequenos e pequenas van deixarllos nos centros de ensino; a Galiña Azul, a Escolas de Unitarias de Rubiós e Taboexa e o CEIP Marquesa do Pazo da Mercé.