As populares verbenas de Entroido de Castro Barreiro e A Feira, suspendidas

Publicidad

Os barrios da Feira e do Castro Barreiro, en Salceda de Caselas, veñen de decidir de forma conxunta non celebrar as verbenas de Entroido neste 2022 como prevención ante a situación sanitaria, adaptándose así á realidade da COVID19.

Nun ano de transición no que voltan moitos dos actos tradicionais e singulares desta celebración, os colectivos protagonistas do Entroido salcedense coinciden en "priorizar a seguridade e evitar posibles aglomeracións nos torreiros" nas noites do luns e do martes de Entroido, nun exercicio de "responsabilidade colectiva", ante a dificultade de poder cumprir as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia no protocolo específico para a celebración do Entroido.

Esta decisión foi tomada nunha das xuntanzas realizadas entre os dous barrios e o Concello de Salceda de Caselas, a través do concelleiro de Cultura, Álex Rodríguez, na que decidiron adaptar as celebracións á realidade da pandemia. Porén, si se retomará este ano o desfile das comparsas, cancelado no pasado 2021, e o resto de actos do Entroido máis importante da zona, e un dos máis antigos de Galicia. Pola parte municipal, decidíuse tamén suspender a tradicional verbena do domingo na Praza do Concello.

Salir de la versión móvil