O Concello de Baiona, xunto coa Asociación de comerciantes e empresarios de Baiona (Aceba), organiza por cuarto ano consecutivo “Sons do Casco”, unha iniciativa de dinamización e desestacionalización da oferta cultural e de ocio de Baiona.
Esta ruta musical que terá lugar este venres 14 e sábado 15 de xuño de 2019 no casco antigo baionés, leva consigo unha fin de semana repleta de música en directo no que participarán un total de 17 grupos con diferentes estilos como o jazz, blues, funk, flamenco, DJ, rock ou pop. O escenario será cada unha das nove prazas e rúas máis emblemáticas e senlleiras nas que se instale o escenario ao longo das dúas xornadas.
En total, doce horas de música con grupos locais que tocarán en Padre Fernando, Ventura Misa, Diego Carmona, Lorenzo de la Carrera, Xogo da Bola, Praza Pedro de Castro, Xardíns do Museo da Navegación e na Praza Fonte de Zeta. Pasarán por algún destes escenarios Gain Over & Bluemonk, The Hendersons, Bloquinho aperta, Felipe Villar Trío, Swing du Monde, Broke Acoustic Covers, Llorente y Tribu, Tacón Gitano, DJ A. Vaqueiro, Yaggo, The Goonies, Javie Pacheco, The Mirror, Dudecan, Black Stereo y A Polémica Banda dos Bechuchos.