As rúas do Porriño énchense de clases de baile gratuítas para toda a familia

Publicidad

A escola de baile Studio 57 imparte ao longo desta semana clases gratuítas e abertas a todo o público nas rúas do Porriño. Estas actividades forman parte da programación cultural e de ocio impulsada pola concellería de Cultura e festexos.

As actividades comezaron este luns con clases de Hip Hop Kids, contemporáneo, bachata e salsa na Praza do Concello. O martes foi no Parque da Alameda na Avenida de Galicia, onde os asistentes desfrutaron de capoeira familiar, break kids, zumba en familia e danza oriental. Este mércores foi a quenda para os máis cativos que desfrutaron de clases de debuxo e pintura na Praza da Urbanización Sol e, pola tarde, a partir das 21:00 horas, tiveron lugar clases de bachata e danza oriental.

O xoves, as actividades realizaranse no Parque do Cristo. Pola mañá, a partir das 10:00 horas con Papis&Peques e ás 12:00 horas con moderno kids. Xa pola noite, a partir das 21:00 horas haberá kizomba para adultos e ás 22:00 horas samba tamén para adultos. Por último, o venres a partir das 10:00 horas terá lugar unha clase de pilates e unha hora despois ioga, todo no Barrio de San Benito.

“As rúas do Porriño están vivas e ofrecen múltiples opcións de ocio”, explicou o rexedor, Alejandro Lorenzo. “Nesta ocasión, grazas á escola porriñesa temos a oportunidade de pasar un bo rato e descubrir actividades que tal vez descoñecemos, por iso convido a todo o mundo a desfrutar delas” concluía.

Salir de la versión móvil