Este luns o trío galego Tanxugueiras anunciaba un concerto no hall do Auditorio Mar de Vigo para o próximo 1 de maio, un mes antes de Eurovisión. As entradas puxeronse á venda onte, martes 11 ás 12:00 horas, cun prezo de 15 euros máis gastos de xestión e en menos de 24 horas a plataforma Teuticket colgou o cartel de "entradas esgotadas" e as propias Tanxugueiras o confirmaron a través da súa conta de twitter ás 23:00 horas.
Entradas esgotadas para #Vigo! Motísimas grazas!
❤️❤️❤️???— T A N X U G U E I R A S (@tanxugueiras) January 11, 2022
As galegas que, ata agora, son grandes favoritas para representar a España en Eurovisión, arrasaron na cidade olívica, onde presentarán o seu novo traballo "Midas" o próximo 1 de maio. Ademais, o público vigués poderá desfrutar en directo de temas como o coñecido "Figa", o eurovisivo "Terra", "Telo" ou "Midas". O concerto do trío galego comenzará ás 22:00 horas no Auditorio Mar de Vigo e a apertura de portas está prevista para as 21:00 horas. O grupo composto por Aida Tarrío, Sabela Maneiro e Olaia Maneiro xa logrou esgotar as entradas por segunda vez en Galicia, sumándo ao "sold out" de Vigo o de A Coruña, que será a primera data da xira.
Nos últimos meses o trío de pandeireteiras convertéronse nun auténtico movemento da música galega para o que "non hai fronteiras" e que xa é recoñecido a nivel nacional. A súa próxima gran cita será o Benidorm Fest a finais deste mes de xaneiro, gala promovida por RTVE na que se elexirá o representante de Eurovisión que, este ano, terá lugar en Turín e no que as Tanxugueiras poderán facer historia levando por primeira unha canción en galego ao festival europeo da canción.