Así é Vigo Emerxe, o festival gratuíto de grupos locais que chegao ao Museo do Mar

Publicidad

Vigo presume de música. Por iso nace un evento como Vigo Emerxe, unha especie de festival que terá lugar o vindeiro 28 de setembro no Museo do Mar. A cita será de balde para o público. O obxectivo é gozar dos nosos grupos. Posiblemente porque na música, e como popularizou o Celta este verán, isto tamén vai de corazón. O espazo cultural situado xunto a ría de Vigo proporá unha das citas más interesantes do inicio do outono e a forma ideal de gozar de artistas e bandas como The Soul Jacket, Maryland, Kaixo ou Basanta.

Vigo Emerxe escribiu este xoves o prólogo do que acontecerá dentro de dúas semana. A empresa Sinsalaudio executa esta idea que lanza a Xunta de Galicia, que volven por en valor o Museo do Mar tras o ciclo de “Solpores do Museo” e unha nova edición do Sinsal en Vigo. Julio Gómez explicou os detalles da primeira edición do evento. A cita non trata de lembrar a importancia de Vigo na movida, senón que quere poñer o foco no presente, na boa saúde e a potencialidade dos creadores vigueses. Vigo Emerxe será a mellor forma de demostralo ante as súas veciñas e veciños. O codirector de Sinsalaudio destacou que neste festival haberá dous escenarios: o principal será ao aire libre, na zona do aparcamento (se a meteoroloxía o permite) e o outro será no interior do museo, na sala de exposicións temporais. O primeiro terá un estilo máis próximo ao rock mentres que o “indoor” amosará un estilo de música máis urbán.

Os concertos terán lugar dende ás 18:00 horas ata ás 01:00 horas. Os encargados de poñer a banda sonora do escenario principal serán Santi Araújo, Maryland, Basanta e The Soul Jacket mentres que o outro espazo acollerá as actuacións de BabyKatze, BFlecha, r. e. a. l. e Kaixo. Ademais, Vigo Emerxe tamén terá unha conexión co pasado. Non podía ser doutra forma. Porén, os asistentes tamén poderán gozar coa música de dos clásicos da música local como Pablo Novoa, líder da banda do programa “Late Motiv” de Andreu Buenafuente, e Nicolás Pastoriza. Outra das propostas desta cita é a presenza de dos "vídeojockeys" Juanma Lodo e Laura Iturralde.

Vigo Emerxe xa ofreceu un petisco do que acontecerá o vindeiro 28 de setembro no Museo do Mar. Basanta, un dos grupos máis emerxentes a nivel nacional do panorama local, interpretou un dos temas que interpretarán o último sábado deste mes nun dos mellores balcóns á Ría de Vigo. O acto de presentación desta gran cita musical contou coa presenza do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e a delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro.

Salir de la versión móvil