Longa vida ó Festival de Jazz de Moaña

Publicidad





Moaña tamén é jazz. Ou o jazz é Moaña. O certo é que a primeira edición do Festival de Jazz do ano pasado foi un éxito. Hai gañas de máis. Porén, o evento será unha das grandes citas musicales do verán na localidade do Morrazo. Este sábado 14 de xullo tuvo lugar a presentación deste festival que xa é, a pesar da súa xuventude, un referente no panorama jazzístico galego.

Despois do éxito da súa primeira edición, o Festival de Jazz de Moaña amplía a convocatoria a dous días, un total de dúas xornadas que reunirá os días 13 e 14 de agosto a artistas galegos e internacionais na arboreda da Xunqueira, lugar que xa se converte na sede oficial do evento.

O programa da segunda edición do Festival de Jazz de Moaña comezará o día 13 de agosto ás 21:00 horas con Alfonso Calvo Septet, unha das grandes formacións, tanto en número de compoñentes como en calidade musical, do panorama galego. Seguidos de Recabarren/Menares/Vázquez, a partir das 22:30 horas, formación chegada dende Nova York, gañadora do Premio Martín Códax da Música 2018, integrada polo pianista vigués Yago Vázquez e os seus compañeiros de batalla Pablo Menares e Rodrigo Recabarren.




Pódeche interesar: Yago Vázquez, a vida dun pianista vigués en Nova York


Para o segundo día, 14 de agosto, poderemos escoitar ó Trío galego-portugués Plastilina, ás 21:00 horas. E, a continuación, Jure Pukl Doubtless, un dos saxofonistas máis prolíficos e creativos da xove xeración de jazz Eslovena. Pukl ven de acompañar a artistas da talla de Dave Liebman, Branford Marsalis, Esperanza Spalding, George Lewis, Maceo Parker, e un longo etc. O Jure Pukl’ Doubtless está composto por Melisa Aldana, unha das novas saxofonistas de referencia e a primeira muller gañadora do Thelonious Monk International Jazz Saxophone Competition, o baixista Alex Claffy e na batería Lawrence Leathers.

Para rematar cada día do festival haberá unha Jam sesion a partir das 00:00 horas.

O día 13 o grupo base que fará a apertura será Miguel Ponce Trío mentres que o 14 o encargado desta labor será Sunil López Trío.




A alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, a concelleira de Turismo, Coral Ríos, o titular de Mocidade, Pablo Ríos, e o delegado de Cultura, Salvador Meira, xunto ó colectivo A Ghudalla, presentaron na mañá do sábado 14 de xullo nos xardíns do Concello, o cartel do Festival de Jazz de Moaña. Como mostra do que nos poderemos atopar os asistentes dentro dun mes na Xunqueira, a presentación estivo amenizada polo Felipe Villar Trío, unha banda que puxo en valor a calidade actual do jazz galego.

O equipo de goberno e os representantes de A Ghudalla subliñaron que “Moaña quere sumarse con esta edición ó abano de festivais galegos de jazz, que xa posicionan á nosa comunidade como unha das referentes a nivel nacional” e apuntan tamén a “importante labor divulgativa e de achegamento desta música que levamos a cabo con este conxunto de actividades, que comezou cos concertos didácticos nas escolas e institutos e remata con esta mostra en forma de festival englobada no programa Moaña “Son de Mar”. Pola súa parte o colectivo A Ghudalla, encargados da produción das actividades, din estar “moi contentos, orgullosos, e agradecidos desta nova edición, cun cartel no que os artistas galegos conviven con artistas internacionais demostrando o grande potencial do Jazz feito en Galicia”

Salir de la versión móvil