Teatro, música, obradoiros para nenas e nenos, disfraces, máscaras, monicreques, comparsas, festa infantil ou animación na rúa forman parte do programa do Entroido do Porriño, que empezará a celebrarse o vindeiro día 9 de febreiro, venres, co concerto do Grupo América, ás 20:30 horas, na Praza de Antonio Palacios.
Un dos 'días grandes' será o sábado, 10, no que está previsto o pregón, ás 13:00 horas, o 'Xantar do entroido', a celebración da 75ª do Xogo da Oia, o primeiro Desfile de Comparsas, dende ás 18:00 horas, e a 'Gran Festa Rachada', co grupo 'Versionettes'.
Nos seguintes días o Entroido do Porriño seguirá coa Festa Infantil, co Pallaso Popín (domingo 11), o 'Grande Desfile de Comparsas' (o martes 13) mentres que o mércores 14 chegará outro dos intres multitudinarios desde Entroido co 'Velorio da Sardiña' no Centro Recreativo e Cultural dende as 17:00 horas; o 'Enterro da Sardiña' dende as 19:00, a Lectura do Testamento na Praza de Antonio Palacios e a Queima da Sardiña na Ponte do Valo.