Ponteareas aposta polo teatro interactivo e inclusivo

Publicidad

O goberno de Ponteareas presenta o I Festival Internacional de Teatro de Rúa que terá lugar do 4 ao 7 de xullo. O Festival arranca nos xardíns do concello o vindeiro día 4 coa actuación de Educa Teatro&The Turres coa obra “Os tres porquiños van de festa”. Esta obra itinerante sairá dos xardíns do concello para ir á praza Bugallal e rematar na Praza da Perillana donde actuará Kote Malabar co seu “Cirkote”. Ás 20:30 horas arranca dende esta praza ata a praza Bugallal, rúa Esperanza e Praza Maior novamente Educa Teatro&The Turres coa súa obra “Os tres porquiños van de festa”.

O xoves día 5 ás 19:00 horas a obra “Granujas a todo Ritmo” arranca dende o Paseo Matutino para visitar Ponteareas Cidade e a Praza Bugallal. Ás 19:30 horas “No hay que perder el tiempo” chega co Gran Rufus que se despraza dende Castela León para deleitar aos máis pequenos e pequenas de Ponteareas. Ás 20:30 horas o teatro volve quecer motores para sair dende Bugallal ata o parque das Pombas cos cántabros MG Producciones.

O día 6 ás 19:00 horas no parque Ferro Ucha “Granujas a todo ritmo” volve tomar as rúas de Ponteareas para chegar ata o parque da Perillana pasando por diante do concello. Ás 19:30 horas na praza da Perillana Rudy Dudy chegado dende Bélxica representa “Clowntaminación”. Ás 20:30 horas “Granujas a todo ritmo” sae rumbo ao parque das Pombas donde ás 21 horas os brasileiros Asaco Circo anima co seu show. O festival remata a súa xornada polas rúas de Ponteareas ás 22 horas con “Granujas a todo ritmo”.

O día 7 a primeira edición Festival Internacional de Teatro comeza ás 18:00 horas nos xardíns do concello no que se instalará un espazo lúdico “Casa dos Xogos” até as 21:30 horas. Ás 19:00 horas tamén nestes xardíns arranca o teatro itinerante de Educa Teatro coa viaxe de Carapuchiña. Todos os participantes poderán vir disfrazados de carapuchiña, de lobo ou de calquera personaxe de conto. Ás 19:30 horas na feira Vella “Titiricircus” de Tanxarina Títeres. Ás 20:30 horas na Feira Vella Carapuchiña parte rumbo ao concello, praza Bugallal e Praza Maior. Ás 21 horas na Praza Maior Rocky Marmota, de Madrid, pon en escena “Santimbanqui”.

O I Festival Internacional de Teatro de Rúa baixa o seu telón andante coa “Viaxe de Carapuchiña” e unha festa chea de música na praza Maior.

O alcalde de Ponteareas e a concelleira de Cultura, Hortensia Bautista, animan a toda a veciñanza a participar neste festival que nace hoxe para asentarse como unha cita anual estable.

“Encher as rúas de cultura, de teatro e de animación para que as familias poidan desfrutar xuntos dunha actividade divertida e animada é unha satisfacción pero tamén unha obriga porque a creatividade debe formar parte do futuro”, explica o Alcalde.

Esta primeira edición conta co asesoramento de Luis Crepo de Teatro El Zurdo que valora moi positivamente o programa que recolle diferentes estilos como o circo, clown, o teatro, títeres e música “ofrecendo un repertorio de moita calidade e amplo con máis de dez espectáculos e tres días de duración cun percorrido extenso que achega as diferentes disciplinas a cada recuncho da vila”.

Inclusivo e interactivo o I Festival Internacional de Teatro de Rúa fará que todo o público participe e se convirta nunha personaxe do mundo da ilusión.

Salir de la versión móvil