Así será o Salceda Festbirra, a festa da cervexa artesá con música en directo

Publicidad

A cervexa artesá instálase no Concello de Salceda. A tradicional festa da cervexa que se celebra cada ano no Torreiro de Festas das Virxe da Concepción galeguízase este ano. Se habitualmente había que viaxar até Baviera para desfrutar do Bier Fest este ano a cita vira cara a cervexa artesá rebautizada como Festbirra. “Temos un produto moi bo como é a cervexa artesá e queremos apostar por ela, polos nosos produtos, sen ter que ir a Alemaña para desfrutar dunha boa cervexa”, explica Carla Pérez, membro da comisión de festas.

A Salceda Festbirra celebrarse o venres, 8, sábado, 9 e domingo, 10 de xuño. Ao longo das tres xornadas a cervexa, pero tamén a gastronomía e a música en directo desfilarán polo torreiro de festas para garantir a troula e o bo ambiente.

Nesta primeira edición de cervexa artesá a marca que os asistentes poderán degustar será Meiga en tres variedades, a tostada, trigueira e a rubia. Os prezos serán de 2€ no caso da caña e de 4€ se se opta por medio litro.

Ademais, ao longo da festa venderase tamén produtos gastronómicos galegos que van dende o xamón asado ao irrenunciable choripán, pasando polo codillo e espetadas. O domingo a cita será coa festa do polo asado onde haberá tamén postres e viño.

A cita arrancará o venres, 8 de xuño, ás 20:00 horas coa apertura oficial da festa. A partires das 23:00 horas a música correrá a cargo do grupo de batukada “Espantarratos” que irán seguidos de “The Lelly Kelly’s.

O sábado o recinto de festas abrirá ás 10:30 horas e a música comezará ás 22:30 horas coa charanga salcedense “Sghae”. Á medianoite a quenda será para o tributo a Fito y Fitipaldis “Los hijos de la pandilla” e pechará o DJ "Aitormenta". Por último, o domingo celebrarse unha sesión vermú ás 10:30 horas acompañada polo grupo de folk “Son da raia”.

¿E se chove? A Comisión de Festas da Virxe da Concepción instalará unha carpa de 400 metros cadrados para que, en caso de chuvia, ninguén quede sen desfrutar dunha fin de semana chea de cervexa.

Como chegar?

A festa do Salceda Festbirra celébrase no torreiro de festas situado ao carón da Igrexa de Santa María, no mapa podes consultar a súa ubicación concreta.

Salir de la versión móvil