Por cuarto ano, as rúas de Cangas encheranse de música e danza tradicional co IV Festival de Música e Danza Tradicional Aturuxos ao Son da Ría. O certame, que se prolongará até o domingo, ten como obxectivo promover a tradición galega e ofrecer diferentes músicas e bailes enxebres da nosa terra.
Serán tres as prazas que acollan as actuacións de Lembranzas da Ría, Soavela, Pais de San Roque, Ximalveira e Peis D’Hos durante toda a finde semana. En concreto, as actuacións terán lugar na Praza da Constitución, na Praza da Palma e na Praza das Pontes.
Os grupos participantes realizarán así mesmo pasarrúas polo centro urbano e rematarán o domingo cunha actuación conxunta a partires das oito da tarde.
Programación completa:
Venres 14 de xullo:
-
- 21:00 horas: Actuación do Grupo Lembranzas da Ría na Praza da Palma e do Grupo Ximalveira na Praza da Constitución.
- 21:30 horas: Segunda actuación do Grupo Lembranzas da Ría, tras un previo pasarrúas pola Rúa Méndez Núñez, cara a Praza das Pontes e do Grupo Ximalveira, tras percorrer a Rúa Eugenio Sequeiros cara a Praza da Palma para realizar a súa segunda actuación.
Sábado 15 de xullo:
-
- 21:30 horas: Actuación do Grupo de Danzas Pais de San Roque na Praza das Pontes e do Grupo Soavela na Praza da Palma e do Grupo Peis d´hos na Praza da Constitución.
- 22:00 horas: Actuación do Grupo Pais de San Roque na Praza da Palma, tras previo pasarrúas pola Rúa Méndez Núñez; segunda actuación do Grupo Soavela na Praza da Constitución, tras o desfile percorrendo a Rúa Eugenio Sequeiros; e segunda actuación do Grupo Peis d´hos na Praza da Palma , tras pasarrúas polos Xardíns do Sinal.
Domingo 16 de xullo:
-
- Actuacións a partires das 20:00 h:
- Escolas de danza e música tradicional de Grupo Lembranzas da Ría, Grupo Ximalveira, Grupo de Danzas Pais de San Roque, Grupo soavela, Grupo Peis d´hos.
- Desfile a partires das 19:45 dende o Concello a Praza das Pontes e actuación dos cinco grupos
- Actuacións a partires das 20:00 h: