Baiona prepárase para as Festas da Anunciada

Publicidad

O Concello de Baiona da os últimos detalles aos preparativos para celebrar entre o vindeiro 4 e 6 de agosto as Festas da Anunciada. Co gallo da celebración a Concellería de Cultura anunciou a pasada semana as bases para poder participar nos tradicionais xogos de cucañas marítimas e na comparsa de Xigantes e Cabezudos, enmarcados dentro do programa BaiVerán 2017.

Cucañas, Xigantes e Cabezudos, atractivo das Festas da Anunciada

As cucañas marítimas de Baiona organízanse anualmente o primeiro domingo do mes de agosto dentro de programación das Festas da Anunciada, que este ano coincide o 6 de agosto, ás 17:00 horas, no porto pesqueiro.

Nesta actividade poderá participar calquera persoa maior de idade e os maiores de 12 anos deberán facelo con autorización dos seus pais ou titores.

As inscrición formalizaranse por rexistro de entrada no Concello ata o venres 4 de agosto e establécense como premios unha Bandeira normal (10 euros) e unha Bandeira especial (20 euros).

Por outra banda, tamén abriuse o prazo para inscribirse na comparsa de Xigantes e Cabezudos que desfilará polas rúas do Casco Histórico da vila real o sábado 5 e o domingo 6 de agosto. Neste caso tamén poderán participar os maiores de 12 anos e o prazo de inscrición remata hoxe 3 de agosto.

Salir de la versión móvil