O Dia das Letras Galegas xa é unha realidade. Ademais das actividades dos concellos de Vigo e a súa área, a urbe galega acolle este xoves 16 de maio o concerto de Budiño, un referente da música galega que despois de seis anos de silencio publicou a comezos deste 2019 “Fulgor”, un novo traballo con dez cancións orixinais, compostas, producidas e cantadas por el mesmo.
O recital do moañés terá lugar ás 22:30 horas en La Fábrica de Chocolate. A apertura de portas está programada para as 22:00 horas. As interesadas e interesados poden adquirir as localidades na plataforma de Ticketea (premer aquí) por un prezo que vai dende os 12 euros.
“Fulgor” ven armado de grandes letras, letras de poetas como Antía Otero ou compositores como é o caso de Xoel López e Vega. E, como non, letras do propio Budiño que foi quen de dotalas do seu universo.
O artista moañés se rodeou neste “Fulgor” de tres guitarras da altura de Antonio Casado, Jairo Zavala (Depedro) ou o “sotaque” luso africano de Luiz Caracol. E destacable tamén a participación do Cuarteto Quiroga, recentes gañadores do Premio Nacional de Música, enchendo de maxia “Santiago” e “Bos Amores”.
Budiño agasalla aos seus fans cun disco máis plural, máis sen xénero, máis aberto e máis de todas, en resume, máis Budiño que nunca. Chegou “Fulgor” porque todo brilla, todo resplandece, porque Fulgor é de todos os que deciden seguir brillando, un “Fulgor” para unha nova etapa que xa non soa a silencio.