Carlos Núñez chega mañá ao Teatro García Barbón de Vigo

Javier Salas / Turismo de Vigo

Publicidad

Carlos Núñez ofrecerá mañá sábado 23 de decembro, a partir das 21.00 h, un concerto no García Barbón incluído na súa tradicional xira de Nadal. As entradas, que comezaban nos 16€, xa se esgotaron polo que o teatro contará cun aforamento totalmente completo.


Pode interesarche: Música de Vivaldi ou Strauss para despedir o ano en Tui


O repertorio que inclúe este recital conforma un percorrido pola tradición musical de nacións como Irlanda, Bretaña ou Escocia. Nos diferentes lugares nos que tivo parada esta xira, Núñez foi incorporando ao seu escenario diferentes novas promesas da música. Nesta ocasión, acompañarao no Teatro Afundación de Vigo a gaiteira escocesa Brighde Chaimbeul, xunto á que interpretará obras como Battle of Glenshiel, un pibroch baseado na batalla na que o Rexemento Galicia axudo aos Highlanders liderados por Rob Roy, preto do castelo de Eilean Donan.

Salir de la versión móvil