O programa de artes escénicas "Vive o Camiño" promovido por Turismo de Galicia chega este xoves, 30 de agosto, a Tui, a porta de entrada do Camiño Portugués a Galicia. A cita será ás 21:00 horas na praza de San Fernando onde está prevista a actuación de Celso Fernández Sanmartín "Celsiño" e de MJ Pérez.
O poeta e contacontos Celso Fernández Sanmartín "Celsiño" presenta o espectáculo "O Camiño que camiña con nós", un show para todos os públicos no que conta contos, historias e memorias da tradición oral galega e da europea.
Colabora habitual do programa Luar da TVG, Celsiño leva anos escoitando, conversando e recollendo historias por toda Galicia e transmitindo unha parte tan importante do noso patrimonio inmaterial que atesouran as persoas maiores e que el leva ás distintas xeracións.
Por outra parte, baixo o título "Sigo facendo Camiño", MJ Pérez, unha das novas voces do panorama actual da música galega, achega as súas cancións de autor dos seus tres primeiros discos "Ollos que non ven, síntoma de cegueira", "Guerrilleira" e "Casandra", nos que mestura diversos estilos musicais co predominio do rock-pop. A súa voz, chea de personalidade ten soa en más dun centenar de concertos por toda Galicia. Foi finalista do "Certame de Canción de Autor en Galego", participou no Noroeste Pop Rock e acadou o primeiro posto na final do concurso Xuventude Crea 2017.