Cen cousas que facer este verán en Nigrán

Publicidad

O Concello de Nigrán programa para este mes de xullo preto dun cento de actividades de ocio, cultura e deporte para tódalas idades e que se desenvolverán nas diferentes parroquias.

O 28 e 29 de xullo terán lugar festivais de música xa consolidados como Nigranjazz (28 e 29 de xullo no esteiro de A Foz) , roteiros a cargo do Instituto de Estudos Miñoranos, teatro con Cultura no Camiño, deporte na praia... Todo, unido a grandes novidades como o 'Nigran Paint Party' o 15 de xullo ou os concertos 'Solpor' en Monteferro (21 e 22 de xullo).

A principal novidade deste mes será o festival 'Solpor', que terá lugar en Monteferro o 21 e 22 de xullo á tardiña co obxectivo de desfrutar da espectacular posta de sol da man de grupos de música emerxentes de Nigrán. "Será en evento gratuíto que, como o Nigránjazz na Foz e o Vive Nigrán en Praia América-Lourido, porá en valor os nosos marabillosos escenarios naturais. Ademais, neste caso queremos apoiar aos grupos locais dándolles o espazo estelar que merecen dentro da programación do Concello", resume o alcalde, Juan González.

A outra gran novidade é a 'Nigrán Paint Party' o 15 de xullo, unha festa nacida en Ibiza e que de 15.00 a 23.00 horas combinará música electrónica en directo con choiva de 2.000 litros de pintura, canóns de CO2, FX, animación... Ademais haberá 8 Djs, escenario xigante, megatrón, pirotecnia e os mellores efectos visuais á altura dos grandes festivais. As entradas, dende 10 euros, xa están á venda.

O calendario foi deseñado xunto ás asociacións culturais e veciñais co obxectivo de unir forzas e no solapar nunca eventos.  Consulta a programación completa aquí.

Salir de la versión móvil