Un ano máis o comercio do Porriño sae a rúa para ofrecer diferentes descontos e oportunidades no Merca na Rúa que se celebra esta fin de semana.
Un total de 20 establecementos ofrecerán artigos deportivos, complementos, calzados, produtos de óptica, roupa para cativos ou confección. Os 22 postos estarán abertos ao público na Praza de Antonio Palacios e na rúa peonil do Porriño, o sábado, de 10:00 a 21:30 horas, e o domingo, de 11:00 a 20:30 horas.
"Merca na Rúa" ofrecerá artigos rebaixados “nunha cantidade tal que non sería posible atopalos a este prezo nas tendas”, segundo subliñou esta mañá a presidenta da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), Juana Pérez.
Ademais, ao longo de toda a fin de semana haberá un programa de actividades para as nenas e nenos, “para que os seus país e avós poidan comprar con tranquilidade” na Praza de Antonio Palacios.