Dakidarría festexa os seus 20 anos de carreira cunha festaza por todo o alto no Revenidas

Publicidad

O festival Revenidas de Vilaxoan é o lugar elexido por Dakidarría para festexar os seus primeiros 20 anos de carreira. Será o sábado 9 de setembro cun concerto de longa duración onde repasaran vellas e novas cancións deste grupo miñorano referente da música contestataria galega. Haberá multitude de colaboracións de artistas tanto galegas (Tanxugueiras, Ruxe Ruxe, Zenzar, Sondarúa, Ezetaerre, O Rabelo, Brasica Rapa e moitas mais ) como estatais (Ska-p, Boikot, Aspencat...) e quedará rexistrado en audio e video.

A banda, que está gravando un documental durante esta xira aniversario, quere recalcar en palabras de Gabri (vocalista) que "Eleximos o festival Revenidas porque para nós sempre foi como a nosa casa e o festival que máis representa á nosa xente. Na última década estivemos presentes neste festival, en difrentes formatos, de xeito ininterrumpido. Ademais consideramos que é un festival de referencia para a galeguidade festivaleira."

Foi no ano 2003 cando catro amigos do instituto de Nigrán decidiron xuntarse para emular aos seus grupos favoritos e expresar os seus sentimentos post-adolescentes a traves da música. Ca base do Punk-Rock por bandeira foron medrando en formación e tamén foron abrindo portas a novos estilos. Tras seis discos de estudio, un directo e varios recopilatorios e singles, a banda chega ao seu 20 aniversario en plena forma e con intención de durar, "canda menos, 20 anos máis".

Gabri asegura que "Quen acuda ao concerto do Revenidas non o vai poder esquecer facilmente. Temos preparadas moitisimas sorpresas e un repertorio que non deixará a ninguén descontento. Será unha noite para enmarcar, unha noite que durará anos. Será un concerto para repasara carreira dunha banda que, dende O Val Miñor, espallou á Galiza alén das nosas fronteiras actuando en incontables ocasións no estado español e tamén noutros paises como México, Francia, Alemania, Portugal..."

As 7.000 entradas que se habilitaron para o sábado están esgotadas e a festa promete ser histórica, como non podía ser menos, tratándose do víxésimo aniversario dun grupo que xa é fixo nos cartaces da maioría dos festivais da Galiza e que ten unha ligazón moi forte co seu público que viste con orgullo o seu merchan e cantan a pleno pulmón moitas das súas cancións que xa son himnos para varias xeracións de galegos e galegas.

Salir de la versión móvil