Este venres, 29 de decembro, ás 21:00 horas celébrase no Teatro Municipal de Tui o concerto de Fin de Ano a cargo da Banda de Música Popular de Tui e da Coral San Telmo. Este evento, organizado polo Concello de Tui, terá carácter solidario xa que as entradas cambiaranse por alimentos non perecedoiros que serán doados a SOS Tomiño Baixo Miño.
A Coral San Telmo creada no Nadal de 2015 e que se presentou oficialmente o 27 de marzo do ano pasado, será a encargada de abrir este evento musical no que estarán acompañados nalgunhas das pezas por Acompañados por Sandra González, frauta; Ella Cordón, piano; Carlos Souto, percusión, e Adolfo Pereira, guitarra; e noutras polo grupo Litoral, dirixidos por Celso Diego Martínez:
O programa que vai interpretar é Foliada de Compostela, La capitana, Sementeira, Lirio del alba, Seguindo unha estrela, Cativiño, El tamborilero, O carro, Nadal en Luinta e O Monte Viso.
A continuación actuará a Banda de Música Popular de Tui que conta cunha lonxa traxectoria que remonta as súas raíces ae século XIX e que dende os anos oitenta tamén mantén unha actividade constante. Baixo a dirección de Adolfo Besada ofrecerán un repertorio con pasodobres e valses no que se atopan Macarena e o Lago dos Cisnes.
De seguido actuarán de forma conxunta a Banda de Música Popular de Tui e a Coral San Telmo para interpretar La del Soto del Parral, Pero mira como beben, Ande, ande, ande la marimorena e Noche de Paz.
A Banda de Música Popular de Tui pechará o concerto de Fin de Ano cun derradeiro bloque de composición cos temas Ave María, Rosas del sur, Danubio Azul e Marcha Radetsky.
Como ter entradas para o concerto?
A retirada de entradas para este concerto solidario poderá facerse o venres no despacho de billetes dende ás 19:30 horas a cambio dun quilo de alimentos que serán doados a SOS Tomiño Baixo Miño.