"Directo Nove", o concerto no que os protagonistas son os corpos

Publicidad

O Teatro Ensalle celebra os seus 15 anos de vida. A data coincide coa estrea de "Directo Nove", un espectáculo que permitirá ver -e gozar- dun concerto de música electrónica de forma inversa, é dicir, o protagonismo non será soamente musical, sino que a gran relevancia estará na transformación dos corpos durante o propio recital.

Pisando Ovos chega una vez máis ao teatro do que é residente, Teatro Ensalle de Vigo, para dar a luz unha nova creación de danza contemporánea, "Directo Nove", unha peza coproducida por AGADIC e a propia compañía. Nesta ocasión a súa directora Rut Balbís decide non estar enriba do palco e contar con tres bailaríns e un DJ, unha renovada formación coa que se presenta de novo na escena galega. Fran Martínez, Raúl Pulido e Laura Villanueva son as caras novas de Pisando Ovos, unha aposta polas novas xeracións de bailaríns e artistas do panorama nacional.

"Directo Nove" aposta pola música en directo contando co DJ Jas Processor unha vez máis como xa fixera na obra "Give it a spin", e completa o seu equipo co seu habitual iluminador Afonso Castro, Janet Novás axudando na dirección e Manu Lago na produción e distribución.

A nova creación de Pisando Ovos é unha conversa entre os corpos, a danza, a música e a posta en escena por medio de iluminación, co propósito de regresar a un dos puntos máis importantes da súa linguaxe, a entrega total dos corpos desde o movemento e as accións cotiás. Unha proposta dirixida cara as novas linguaxes escénicas en clave de creación contemporánea na que se amosa o concerto como forma de reunión da sociedade contemporánea, e que convida a todo o público a vibran conxuntamente.

Para a creadora, a estrea deste espectáculo forma parte da triloxía composta por "Que volvan as flores" (2014), "Give it a spin" (2015) e "Directo Nove" (2018), xirando arredor da música electrónica e o desgaste físico dos corpos en directo.

"Directo Nove" representarase os días 3 e 4 de outubro ás 21:00 horas e o 5 e o 6 ás 22:00 horas. O prezo da entrada xeral é de 9 euros, aínda que existen descontos para estudantes e xubilados (7 euros), grupos de dez persoas ou máis (7 euros), desempregados (6 euros) ou estudantes da ESAD (4.5 euros). As localidades podense reservar a través da web do Teatro Ensalle.

Salir de la versión móvil