Elisa e Marcela, a historia que conquistou a Isabel Coixet, chega a Moaña

Publicidad

Moaña convértese nos sábados de outubro na localidade do teatro. Unha das mellores obras do momento, "Elisa e Marcela", será a encargada de estrear unha nova edición dos Circuítos Teatrais que cada semana citarán ós amantes de esta arte no IES As Barxas a partir das 22:00 horas.

Baixo a dirección de Gena Bahamonde, as actrices Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman dan vida a Elisa e Marcela, o primeiro matrimonio homosexual en Galicia. Casaron o 8 de xuño de 1901 e para logralo Elisa tivo que se transformar en Mario. A súa é unha historia de transgresión, de desafío ás regras do binomio de xénero e de defensa dos seus dereitos.

“Elisa e Marcela” é o terceiro espectáculo de A Panadaría, unha compañía creada en 2013 por Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. O seu primeiro espectáculo foi “Pan! Pan!” ao que seguiu “Panamericana”, e a comezos do pasado mes de outubro estrearon esta nova obra, dentro da súa aposta por un teatro de creación propia.

A obra representarase este sábado, 6 de outubro, a partir das 22:00 horas no IES de As Barxas. A entrada ten un prezo de 4 euros, reducida a 2 euros para menores de idade. As entradas saen á venda o mesmo día do espectáculo a partir de las 21:00 horas. O pago só pode facerse a través de tarxeta bancaria.

Este ciclo de teatro proseguirá os vindeiros sábados coas representacións de "Cranios privilexiados... ou crítica da razón perralleira" de Mofa & Befa (13 de outubro), "Anatomía dunha serea", escrita por María Lado e Iria Pinheiro (20 de outubro) e "Fillos do sol" escrita e dirixida por Cándido Pazó (27 de outubro). O prezo das localidades e os horarios son os mesmos para todas as funcións.

Salir de la versión móvil