Elisa e Marcela para combater a violencia machista

Publicidad

A cultura tamén forma parte de ese movemento para loitar contra a violencia machista. Tomiño, ademais das protestas, programa para este 25 de novembro a representación de Elisa e Marcela, unha obra que porase en escena no Auditorio de Goián, ás 18:00 horas.

Esta singular peza teatral, coproducida co Centro Dramático Galego, relata a historia, con pinceladas de humor, música e gran traballo das actrices, de dúas mulleres galegas namoradas a principios do século XX.

A obra céntrase na historia de Elisa Sánchez Loriga e Marcela Gracia Ibeas, dúas mestras que se casaron pola Igrexa en A Coruña no ano 1901. Para logralo, unha delas tivo que adoptar unha identidade masculina. A unión matrimonial, homosexual, foi a primeira do Estado español, realizándose cen anos antes de que a lei permitira o casamento entre persoas do mesmo sexo.

A cineasta Isabel Coixet realizou unha película sobre a historias destas dúas mulleres galegas, que se estreará o ano que vén.

Os interesados en acudir á representación que terá lugar no Auditorio de Goián terá un prezo de 3 euros. A venda de localidades será dende una hora antes na taquilla.

Salir de la versión móvil