A obra de teatro "Elisa e Marcela", programada para este xoves 8 de marzo, representarase finalmente o vindeiro 22 de marzo ás 20:30 horas no Centro Cultural da Guarda.
As actrices e fundadoras da compañía teatral A Panadaría, produtora de peza, informaron da súa intención de secundar a folga feminista convocada para este xoves, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional das Mulleres. Por este motivo, a organización procedeu a establecer unha nova data para a representación.
Así as cousas, as persoas que teñan no seu poder as entradas para o espectáculo, poderán asistir na nova data presentando eses mesmos tickets. Por outra banda, a aquelas persoas que non podan asistir prégase, na medida das súas posibilidades, que fagan entrega das entradas no Centro Cultural ou no CIM (xunto ao Xulgado de Paz), para que estas poidan ser desfrutadas.
Que é Elisa e Marcela?
"Elisa e Marcela" ofrecerá ao público a oportunidade de coñecer as vivencias de dúas mulleres que, en 1901, conseguiron enganar ao cura dunha parroquia da Coruña para que as casara, converténdose no primeiro matrimonio lesbio do que se ten constancia en España.