Eroski Paraíso inaugura a temporada de teatro en Vigo

Publicidad

Afundación inicia a programación da súa temporada de teatro en Vigo. A obra encargada de abrir a nova proposta teatral será "Eroski Paraíso", de Chévere. Esta produción poderase ver este venres 18 de xaneiro no Teatro García Barbón de Vigo a partir das 20:30 horas.

A obra está dirixida por Xesús Xron e ten un elenco conformado por Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias e Fidel Vázquez. "Eroski Paraíso" foi a gran triunfadora dos Premios María Casares 2017 co Premio a Mellor Espectáculo, Mellor Dirección e Mellor Actriz Protagonista. Ademais, recibiu o Premio Nacional de Teatro.

"Eroski Paraíso" é a historia de alguén que non parou en ningures para volver ao mesmo punto de partida, coma se estivese parada exactamente no mesmo lugar mentres todo se transforma ao seu redor. Unha maneira de retratar o desarraigamento que arrastrou unha parte da nosa sociedade fóra da súa casa, da súa paisaxe, dos seus costumes, dos seus afectos, da súa comunidade de orixe e da súa propia memoria.

As entradas para asistir á representación de "Eroski Paraíso" están dispoñibles na web de Ataquilla desde 6,30 euros para as persoas que non adquirisen un bono de tempada.

Salir de la versión móvil