O idioma que crearon os pescadores da Guarda e Póvoa de Varzim chega ao Museo do Mar

Publicidad

O Museo do Mar de Galicia, dependente da Xunta de Galicia, acolle dende o pasado sábado 27 de xullo a exposición “As marcas de pescadores. Póvoa de Varzim e A Guarda”, que poderá ser visitada no espazo destinado a mostras temporais ata o 15 de setembro.

Ambas localidades conxugan un substrato cultural e socioeconómico similar ás beiras do océano Atlántico, por iso os pescadores e mariños compartían un código de identificación propio e ancestral co que marcaban os seus aparellos de traballo. Agora, a asociación de embarcacións tradicionais O Piueiro organiza esta mostra sobre estes códigos, dos que a súa orixe se remonta ao século XVIII.

O Museo do Mar de Galicia representa un emprazamento emblemático en plena ría de Vigo onde o visitante pode comprender a enorme vinculación histórica dos galegos co mar a través do seu coñecemento.

Salir de la versión móvil