Arte que traslada ao mundo onírico con material de refugallo en Ponteareas

Publicidad

A reciclaxe de material de refugallo invisible, pero presente na arte. Esta é a premisa da obra de Juan Ibáñez de Juana (Yani) que este mes estará aberta en Ponteareas. Este burgalés vinculado a Ponteareas exhibirá catro esculturas e un conxunto de cincuenta creación co gallo de evocar soños, ilusións e servir de denuncia social a través da pintura e a creación artística.

Trátase dunha extensa colección realizada en todos os materiais que o espectador se poida imaxinar. Obras para ollar moi de preto, para investigar e descubrir os matices, os movementos de boneca, os materiais diminutos que se agochan en cada pincelada, a textura e os espías que toda obra esconde.

A mostra estará aberta ao público durante todo o mes de outubro no Auditorio Municipal, en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas de luns a domingo.

Esta exposición de pintura e escultura ofrece ao espectador a explicación guiada do propio autor capaz de trasladar aos visitantes cada emoción agochada nos cadros. Nada semella o que é nesta colección de cadros, espellos, esculturas, autoretratos, cartaces…

Creación viva

Ademais, todos os que visiten esta colección de arte participarán na creación dunha obra colectiva que recollerá as súas pinceladas. Yani convida a tódolos visitantes a participar neste cadro colectivo da mostra de Ponteareas.

Salir de la versión móvil