Xa queda menos. A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira chega a súa nova edición cunha destacada programación onde os humoristas e a música de fusión serán o protagonistas do evento xunto coa gran raíña da festa, a langosta.
O porto da Guarda será o escenario durante os días 5, 6 e 7 de xullo desta festa gastronómica de referencia. Os restaurantes ofrecerán a langosta acompañada duns 20 pratos mariñeiros sen esquecer dos doces típicos e do viño Denominación de Orixe do Rosal.
Moncho Borrajo será o pregoeiro desta edición que arrancará o venres 5 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza do Reló. O actor, humorista e showman galego que leva case 50 anos facendo rir nos escenarios nacionais tamén presentará o seu espectáculo “Borrajo Perdido” tras a apertura da carpa.
O sábado 6 de xullo será o momento de Luís Zahera, recoñecido actor galego que foi premiado este ano co Goya ao Mellor actor de reparto pola súa actuación en “El Reino”. O artista ofrecerá o seu espectáculo “Chungo”, que ofrece as vivencias vitais que o levaron a interpretar papeis raros ou de pouco listo.