Os trogloditas "hipsters" de Mos pásanse ao ioga

Publicidad

Un ano máis, a Penacova acolle a celebración máis enxebre de Galicia. Mos viaxa á prehistoria nas súas vestimentas, verbas e cabanas, pero tamén adáptanse ao mundo millenial. Deste xeito, a Festa da Prehistoria deste ano arrancará cunha innovadora sesión de ioga na Piñeira da Fraga. Trogloditas sí, pero de mente lúcida. Será ás 20:30 horas de hoxe e coa meditación darase comezo de forma oficial a edición de 2017.

Ao longo da noitiña de hoxe haberá tamén cine prehistórico, concursos de chamáns e concertos aos pes dos piñeiros e carballos.

Xa mañá, aos oito tribos participantes, ademais de todos os que se acheguen até a Penacova, poderán participar nos diferentes obradoiros de pintura rupestre, de caza ou de elaboración de petróglifos.

Na tarde do sábado, os rastrexos e loitas entre tribos darán paso a boa música e batucada coa que os habitantes do neolítico movan o corpo, para xa dar remate coa tradicional invocación aos espíritos ás 23:00 horas.

Consulta la programación completa [aquí]

Onde se celebra?

A Festa da Prehistoria de Mos, celébrase dende fai 16 anos no Parque da Penacova, en Mos. A organización prepara para estes dous días de celebración troglodita diferentes concertos, actividades e tamén obradoiros para coñecer en profundidade aos nosos devanceiros. Foi unha das primeiras festas deste tipo en celebrarse en España.

Salir de la versión móvil