Esta fin de semana chega unha das festas de máis tradicionais no barrio da Guía. A Festa da Sardiña é unha das tres festas gastronómicas do programa de Vigo en Festas, xunto a do polbo e a do mexillón, pero non soamente é sinónimo de xantar. Hai moito máis.
A xornada festiva arrancará o sábado 18 de agosto co tradicional disparo das 21 bombas de palenque ás 10:00 horas para, a continuación –sobre as 10:30 horas– comezar xa a repartir as sardiñas xunto ao pan de millo. A “Sardiña de Ouro” irá ese ano a parar á Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (Avempo). O galardón será entregado ás 13:30 horas acompañado pola actuación do grupo de gaitas Os Catro Quintos.
Pola tarde, dende as 20:00 horas, a música chegará cos grupos Folk de Tarxa, de Coiro. Para finalizar cunha verbena a partires das 22:30 horas.
Domingo de carrilanas
O domingo, o reparto de sardiñas irá precedido pola Baixada de Carrilanas, dando un toque diferencial á celebración. A cita arrancará ás 10:00 horas coa celebración da quinta edición desta particular competición que comezará na ermida da Guía e finalizará no cruzamento entre a Avenida de Dona Fermina cos camiños de Espiñeiro e Montiño.
A música comezará ás 20:00 horas co grupo de folk Triska e posterior actuación da Banda Municipal de Redondela dende as 22:30 horas.