Folk da terra para recuperar os montes, este domingo en Valladares

Publicidad

O pasado domingo, 15 de outubro, Valladares viviu unha noite de esperpento e tristura con centos de hectáreas queimadas e arrasadas polos incendios que deixaron un domingo negro en media Galicia. Agora, a solidariedade volve coa música, despois doutras iniciativas similares, para recadar fondos cos que recuperar os nosos montes.

O auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valladares acollerá o sábado, 27 de xaneiro, o acto solidario coa participación de seis grupos folclóricos da nosa contorna. En concreto, a cita, que arrancará ás 19:00 horas, contará coa presenza do Grupo Folclórico da SVCD “Nautilus” de Comesaña, A Xinela da A.V.V. de Zamáns, as Cantareiras do Alba do CVC de Valladres, os acordeóns da SCD “Atlántida” de Matamá, as pandereiteiras de A Buxaina de Coruxo e o grupo Fol-K de Coiro da SCDR “Helios” de Bembrive.

Organizado pola Mancomunidade de Montes de Vigo, o festival solidario contará asemade cunha homenaxe ós a ás voluntarias do programa de Educación Ambiental “Camiño a Camiño” do Concello de Vigo.


Pode interesarche: Causas e interrogantes do domingo negro en Galicia

Os lumes queimaron 49.000 hectáreas en toda Galicia // Fabio Alonso

 

MÁS OCIO EN VIGO Y SU ÁREA
Ir a la agenda completa >>> [stachethemes_ec view=agenda show_top=0 agenda_cal_display=0]
Salir de la versión móvil