Gastronomía, música, deporte e natureza na beira do Miño en Tui

{"requests":{"csi":"https://csi.gstatic.com/csi?"},"transport":{"xhrpost":false},"triggers":{"adRequestStart":{"on":"ad-request-start","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"afs_lvt.${viewerLastVisibleTime}~afs.${time}"}},"adResponseEnd":{"on":"ad-response-end","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"afe.${time}"}},"adRenderStart":{"on":"ad-render-start","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"ast.${scheduleTime}~ars_lvt.${viewerLastVisibleTime}~ars.${time}","qqid":"${qqid}"}},"adIframeLoaded":{"on":"ad-iframe-loaded","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"ail.${time}"}}},"extraUrlParams":{"s":"ampad","ctx":"2","c":"${correlator}","slotId":"${slotId}","puid":"${requestCount}~${timestamp}"}}





Gastronomía, música, deporte, natureza… son parte dos ingredientes que terá o sábado, 18 de agosto, a VIII Festa do Miño. Un evento que foi presentado na casa do concello de Tui polo alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura e Deportes, Eduardo Freiría, o músico, Anxo Lorenzo, músico, representantes das asociacións culturais Seixos Albos de Areas, Lembranzas da Terra de Guillarei, Santiago de Malvas, Laxes de Paramos, Aloia de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiro, Xuntanza de Randufe, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro, Traxe Tradicional de Tui, Espenicelo de San Bartolomé, e San Telmo de Tui.

O río Miño en Caldelas e na rúa Olímpicos Tudense, e a rúa Lugo serán o escenario da VIII Festa do Miño que comezará cunha romaría popular en Caldelas, previa á saída ás 16h do Descenso Popular no que se baterá record de participación con 850 inscritos. Ás 18.30h a cita estará na beira do Miño en Salvaterra, a carón da Ponte Internacional, onde se dará a saída do Descenso Internacional que reunirá a preto de 600 padeeiros que loitarán por facerse coa vitoria nesta proba destacada do calendario galego e levarse o trofeo obra do escultor Juan Oliveira.

Dende ás 20h a cita estará na rúa Lugo coa VIII Festa Gastronómica con 24 postos de comida e 6 de bebida a cargo das asociacións culturais Seixos Albos de Areas, Lembranzas da Terra de Guillarei, Santiago de Malvas, Laxes de Paramos, Aloia de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiro, Xuntanza de Randufe, San Fins de Rebordáns, Santa Columba de Ribadelouro, Traxe Tradicional de Tui, Espenicelo de San Bartolomé, e San Telmo de Tui. Aos prezos de 1, 2 e 3€ ofrecerán petiscos tradicionais dende empanada de millo, a bocadillos, tortilla, pan de broa, paella, sobremesas caseiras… e coma novidade haberá tamén empanada e sobremesas veganas.






Ás 22.30h Anxo Lorenzo ofrecerá, nas súas propias palabras “un concerto moi especial e único en Galicia” no que interpretará en primicia temas do seu novo traballo “Vortex” , cuxa presentación oficial non será até setembro.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, convidou a asistir á VIII Festa do Miño felicitando ás persoas que hai oito anos tiveron a iniciativa de pór en marcha este evento. No programa deste ano ofértase unha parte gastronómica e unha actividade musical de primeiro nivel. Nese senso referiuse a que Tui estase a converter na capital da música tradicional galega cos concertos que se teñen celebrado dende comezos de ano ao que se sumará o día 18 o de Anxo Lorenzo.

Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura e Deporte, apuntou que na Festa do Miño van da man o deporte, a parte lúdica e a gastronómica, en referencia aos eventos que teñen lugar ao longo da xornada. Tamén sinalou que as asociación culturais tudenses son o gran dinamizador cultural do concello.

Horarios da Festa do Miño

• 12.00: Inicio da VII Romaría Popular na ribeira de Caldelas. Xantar Campestre

• 16.00: Saída do VIII Descenso Popular do Miño dende a ribeira de Caldelas

• 18.30: Saída do XLVII Descenso Internacional do Miño dende Salvaterra

• 19.30: Chegada do Descenso Internacional do Miño fronte ás gradas da rúa Olímpicos Tudenses

• 20.00: VII Festa Gastronómica na rúa Lugo. 24 postos de comida e bebida

• 20.30: Entrega de premios do XLVII Descenso Internacional do Miño

• 22.30: Concerto de Anxo Lorenzo Band na rúa Lugo 8 de setembro, de 2018

{"requests":{"csi":"https://csi.gstatic.com/csi?"},"transport":{"xhrpost":false},"triggers":{"adRequestStart":{"on":"ad-request-start","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"afs_lvt.${viewerLastVisibleTime}~afs.${time}"}},"adResponseEnd":{"on":"ad-response-end","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"afe.${time}"}},"adRenderStart":{"on":"ad-render-start","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"ast.${scheduleTime}~ars_lvt.${viewerLastVisibleTime}~ars.${time}","qqid":"${qqid}"}},"adIframeLoaded":{"on":"ad-iframe-loaded","request":"csi","sampleSpec":{"sampleOn":"a4a-csi-${pageViewId}","threshold":1},"selector":"amp-ad","selectionMethod":"closest","extraUrlParams":{"met.a4a":"ail.${time}"}}},"extraUrlParams":{"s":"ampad","ctx":"2","c":"${correlator}","slotId":"${slotId}","puid":"${requestCount}~${timestamp}"}}
Salir de la versión móvil