O espírito holi toma este venres Bueu. A vila morracense acolle este 23 de agosto a cuarta edición da Gholifesta, unha cita que terá lugar nos Xardíns de Urbano Lugrís (As Lagoas) cunha finalidade solidaria e de defensa dos dereitos de todas as persoas a amar libremente. Así o salientou Inmaculada Rodríguez, concelleira de Benestar Social, na rolda de prensa na que tamén lembrou que o lema do evento “Paz, empatía e solidariedade e unha filosofía de vida: o activismo cívico: o activismo cívico” pretendo o duplo obxectivo da festa, lúdico e solidario.
O evento, dirixido especialmente á mocidade, arrancará ás 19:00 horas con xogos e música e animación a cargo de Alba Outeda, que será a encargada tamén de amenizar a explosión de cor, durante a que se lanzarán pos de diversas cores cun claro afán reivindicativo.
A Gholifesta de Bueu é un proxecto nacido do ano 2015 e que toma como base a tradicional Holi, un festival hindú de primavera que se celebra en lugares como a India, o Nepal e algunhas comunidades de orixe indio do Caribe e Sudamérica. Na súa orixe, Holi tamén marca o inicio da primavera, e para moitos o comezo do novo ano. Centos de persoas, a maioría mozos e mozas, reúnense nas cidades máis importantes na conmemoración ao amor dos deuses Radha y Krisná e para crear unha inmensa nube multicolor.
No acto de presentación da Gholifesta tamén estivo presente Carmen Miranda, tesoureira da Asociación Bicos de Papel, colectivo xurdido no 2017 co fin de axudar a nenos e nenas oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro. Concretamente, e como se fixo nas pasadas edicións da festa, destinarase un euro de cada pack da Gholifesta, que está conformado por camiseta conmemorativa, mochila e pos de cores, que se poderá adquirir a partir das 18:00 horas do mesmo día por un prezo de 10 euros. O evento contará tamén cunha mesa informativa da man de Inés del Río, pediatra integrante de Médicos do Mundo e activista dos dereitos LGTBIQ+.
https://www.youtube.com/watch?v=F9XNYHAnM2g