Gondomar celebra o outono cun roteiro de tapas en formato tosta por 13 locais

Publicidad

Nace en Gondomar o I Concurso de Tostas de Outono. Trece establecementos do municipio presentaron este xoves xunto ao rexedor gondomareño, Paco Ferreira, unha nova iniciativa para “revalorizar a oferta gastronómica de Gondomar” buscando “a promoción e dinamización do sector” nun momento especialmente complexo para a hostelería.

Todas as tostas terán un prezo común de 3 euros e poderanse degustar entre os días 17 de outubro e 29 de novembro, en función do horario e datas de apertura de cada establecemento. Os asistentes poderán comprobar como ligan o puré de castañas co lacón e o pemento; a crema de castañas con chocolate quente; os cogomelos salteados con chalota e allo, enriquecido con crema de leite e xamón de crocante; ou, unha tosta de viño de Mencía, figos, queixo parmesano e foie de pato, entre outras moitas (achegamos relación de tostas que concursan).

Os establecementos participantes son Tapería Rural Ardora, El Tranvía, Tu pan tu Café, Xamonería Catro Camiños, As Novas Torres, Café-Bar Alameda, Tapería Adechape, Pazo da Escola, Chupipostres, A Galiña, La Vitrola, Bar Valente, Terra y Hamburguesería Plaza.

Este particular roteiro será tamén en formato concurso. Os clientes elixirán co seu voto ás tres mellores tostas, depositando a súa valoración en urnas habilitadas para a ocasión nos locais. Os tres primeiros clasificados contarán cun diploma acreditativo e ou máis votado recibirá unha Chaquetiña de Chef oficial serigrafiada co lema “I Concurso de tostas de Outono de Gondomar” e encabezará o cartel de promoción da seguinte edición.

Tamén recompensarase a participación cidadá e entre as papeletas depositadas polos consumidores sortearanse tres vales en metálico, por valor de 200, 100 e 50 euros, respectivamente, en concepto de cea, comida e almorzo a consumir nos tres establecementos que accedan ás mellores puntuacións.

Locales participantes y tapa

Salir de la versión móvil