O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Cultura dirixida por Nuria Lameiro, propón as bases para a participación no tradicional Gran Desfile de Comparsas, que será o evento principal do Entroido 2018. A cita será o domingo 11 de febreiro a partir das 16:00 horas do serán.
As comparsas para participar no desfile do Entroido 2018 deberán inscribirse no Rexistro do Concello de Gondomar ou a través da web municipal, na pestana de xestión electrónica.
O prazo para apuntarse comeza o mércores 17 de xaneiro e rematará o lunes 29 deste mes ás 00:00 horas. Cada comparsa estará composta dun mínimo de 20 persoas maiores de 18 anos.
A documentación necesaria para a formalización da inscrición de cada comparsa está dispoñible na páxina web do Concello ou no seguinte enlace da sede electrónica.