Este xoves 19 de outubro inaugurase no Centro Cultural da Guarda a exposición "Proxecto táctil", composta por obras contemporáneas realizadas por alumnos e exalumnos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra (UVigo).
A mostra "Proxecto táctil" está formada por unha ducia de creacións concibidas para poder tocarse e manipularse, de xeito que o público se poña na pel das persoas cegas e experimente a exposición.
"Proxecto táctil" é unha iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Facultade de Belas Artes da UVigo e a ONCE. Estará en A Guarda ata o vindeiro 4 de novembro.
Ao acto de inauguración de "Proxecto táctil", que comezará ás 12 horas, acudirán o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba e o deputado provincial de Cultura e Lingua.