A Guarda volve celebrar a terceira edición dos seus “Diálogos en Educación” na que participarán profesionais do mundo da pedagoxía e a psicoloxía. O primeiro faladoiro será o próximo venres 27 de outubro ás 20:30 horas.
O primeiro faladoiro, que terá lugar o venres, 28 de outubro, co título “O multiculturalismo nas aulas", contará coa participación do profesor da Universidade da Coruña no departamento de Pedagoxía e Didácticas, Juán José Bueno. O venres 10 de novembro será a segunda charla do ciclo, co título “Educación consciente: baseada en Minsfulness”, dirixida pola psicóloga do Centro San Xerome Emiliani, Joana L. Pereira.
O profesor da UDC no departamento de Pedagoxía e Didácticas, Javier F. Rouco participará na terceira charla, que xirará en torno á “Filosofía para/con a infancia”, namentres a derradeira entrega deste outono estará dirixido polo catedrático da UDC no departamento de Pedagoxía e Didácticas, Jurjo Torres, e versará sobre as “Políticas educativas e as influencias neoliberais”, realizando tamén unha análise sobre o futuro da educación.
Todos estes encontros serán ás 20:30 horas nas Casa dos Alonso sen límite de aforamento e buscan promover o debate e a reflexión sobre as diferentes temáticas.