O Pergamiño Vindel xa está na casa. Ilumina dende o pasado martes a ría de Vigo co paraíso das Illas Cíes de fondo. Ese marco incomparable será o seu fogar ata o vindeiro 4 de marzo, data que teñen os galegos para acercarse a visitar un documento que supón a orixe da lingua galega.
Horarios para ver o Pergamiño Vindel
A exposición "Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas" pódese visitar dende o mércores 11 de outubro ata o 4 de marzo durante seis horas diarias, salvo o luns, día no que o Museo do Mar de Vigo pecha por descanso. O prezo da entrada será de 3€, 1,50€ a reducida e de balde para menores de 8 anos.
A mostra abrirá de martes a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas. As fins de semana e festivos a duración non cambia, pero hai unha lixeira modificación: de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
Entre semana haberá visitas guiadas ás 12:00 e ás 18:00 horas. Os sábados os horarios son os mesmos, pero o tour da mañá terá como complemento un obradoiro didáctico familiar con acceso para nenos e nenas de máis de seis anos. Os domingos, as familias tamén poderán apuntarse a esta oferta.
A exposición "Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas" agarda que os colexios acudan ao Museo do Mar de Vigo con visitas especiais para alumnos dende segundo ciclo de Infantil ata Bacharelato. As excursións poden programarse de martes a sábado en horario de 10:00 a 14:00 horas chamando ao teléfono 986 247 750.
Por que é importante o Pergamiño Vindel?
O pergamiño ten un incontestable valor social, histórico, lingüístico e cultural para Galicia e tamén para o mundo.
1. Trátase do único dos tres manuscritos medievais que se conservan na actualidade que integra texto xunto coa notación musical. Neste senso, o seu valor é soamente comparable co Cancioneiro da Ajuda e as sete cantigas de amor compostas polo rei de Portugal, Dom Dinis.
2. Os poemas foron escritos nunha soa peza de pergamiño e cando foi descuberto, o manuscrito foi a única cantiga con notación musical escrita no século XIII. Está polo tanto considerado como o cumio da poesía vernácula e a música non relixiosa.
3. É unha xoia para a lingua galega e a historia propia de Galicia. Cando foi escrito, aínda existia o Reino de Galicia e o pergamiño clarifica o papel protagonista do galego-portugués na cultura como lingua vehicular nos cancioneiros medievais. Representa o berce da lingua galega, e da unión efectiva, a través dos dous idiomas fillos do galego-portugués, de 200 millóns de falantes na actualidade.