Humor, sexualidade e a música de “De Vacas” para celebrar o día da muller no Porriño

Publicidad

O concello de Porriño conmemorará este ano o Día Internacional da Muller cunha axenda de actividades que vai entre o 7 e o 13 de marzo con humor, música e unha conferencia sobre sexualidade.

Porén, será precisamente o día 8, cando non se programen actividades, agás unha concentración. “O obxectivo é que todas as mulleres que poidan ir á folga poidan facelo”, explicou a concelleira de Igualdade, Soledad Girón. Por iso, nesa xornada a vila da Louriña programará unha concentración ás 12:30 horas da mañá, e deixará baleiro o programa de actividades. “algunhas non poderán ir a folga, por iso as que si podemos a faremos tamén no seu nome”, aclara Girón.

“Construíndo futuro” será o lema escollido este ano no Porriño porque a intención é que a data estea centrada nas novas xeracións, “nas mulleres que rematan a súa formación, nas que entran no mercado laboral e empezan a asumir responsabilidades”, explica a concelleira de Igualdade.

O programa comezará o mércores, día 7, ás 19:30 horas, no Centro Cultural Municipal co monólogo de Stephy Llayora ‘Eu quero ser galega’; o venres, día 9, será a hora do espectáculo musical ‘De Vacas’, ás 20:30 horas, no Centro Recreativo e Cultural.

A programación rematará o martes, día 13, ás 17:00 horas no Centro Cultural Municipal coa charla ‘Amor e sexo na Rede: ¿A pornografía coma nova educación sexual’, a cargo de Mercedes Oliveira, Catedrática de Filosofía, e Amada Trabada, docente da Universidade de Vigo e socióloga.

Salir de la versión móvil