James Rhodes presume de Vigo e pregúntase polo cambio de nome do Teatro García Barbón

Publicidad

A historia de amor entre James Rhodes y Vigo naceu fai ano e medio. A cidade respondeu ao pianista enchendo o Auditorio Mar de Vigo. O británico foi como unha especie de Jules Verne do século XXI, quedou abraiado pola contorna e as súas xentes. A súa experiencia a plasmou nas súas redes sociais mentres que viguesas e vigueses gozaron da súa presencia en eventos como o Vigo Seafest ou tocando o piano do Café Vitruvia.

Ano e medio despois, Rhodes e Vigo atópanse de novo. Esa paixón mutua continúa. O británico fixo “sold out” no recital programado para este sábado, ás 20:30 horas, no Teatro García Barbón. O pianista xa anunciou que estaría só dúas noites na cidade. Non obstante, lanza unha cuestión ao público. O fai en galego, unha lingua que tamén o namorou. “Alguén tamén me pode dicir por que cambiaron o nome de (bastante marabilloso) García Barbón a (bastante seco) Afundacion?”. Nas respostas ao chío xa ilustran sobre a historia deste espazo cultural que esta tarde estará alumeado coa súa música.

James Rhodes volve facer de embaixador de Vigo. Na tarde de onte, o británico compartiu nas súas redes sociais unha foto da Ría na que sinalaba que “incluso un día nublado en Vigo é impresionante”. Nesta ocasión, o artista atopouse cunha intensa choiva que marcou a tarde do pasado venres. Hoxe, sábado, será o gran día. O día do reencontro, a xornada para que o público vigués goce da música deste pianista que, ademais de presumir de Vigo, tamén é o mellor embaixador da música clásica.

Salir de la versión móvil