La M.O.D.A. e Sabela chegan este venres ao SonRías Baixas de Bueu

Imaxe da pasada edición do SonRías Baixas // ROCÍO CIBES

Publicidad

A actividade musical segue no SonRías Baixas. Sabela e La M.O.D.A. chegan a Bueu este venres, 6 de agosto, na cuarta xornada do festival, con todas as entradas esgotadas desde hai días para os seus directos no Recinto Multiusos da Estacada de Bueu, no Morrazo.

Sabela Ramil - 21.00

O seu paso por Operación Triunfo e a reivindicación da lingua a revolucionou as redes sociais galegas no 2018, converténdoa nun exemplo para todo o país. Un ano despois, Sabela publica o seu primeiro álbum, Despedida, cuxa xira se apraza por mor da pandemia, e este 2021 debuta no cartel do SonRías Baixas, mais non sobre o seu escenario: xunto a La Pegatina entoou, na súa última visita, o éxito Mari Carmen.

La M.O.D.A. - 22.30

Hai dez anos que o panorama musical estatal conta cunha banda singular cuxos directos son inesquecibles. La M.O.D.A. (o acrónimo de La Maravillosa Orquesta del Alcohol) regresa este 2021 ao SonRías Baixas presentar o seu novo álbum, Ninguna ola, un disco autoeditado, inspirado no cambio e ateigado de vida e que produce musicalmente o recoñecido Raül Refree.

A programación do SonRíasBaixas

Kase.O, Sés, La M.O.D.A., La Pegatina, Travis Birds, Muerdo, TéCanela, Sabela, ISEO & Dodosound, Ciudad Jara, Tu Otra Bonita e SonDaRúa conforman o cartel deste SonRías Baixas 2021, no que o festival se adapta ao contexto sociosanitario e se transforma nun ciclo de concertos, con dous directos por xornada ateigados do espírito SonRías.

Entradas

O SonRías Baixas colgou o cartel de entradas esgotadas para os directos de La M.O.D.A e Sabela (venres 6) e Kase.O e SonDaRúa (sábado 7). Con todo, as e os entusiastas da música ao vivo terán o domingo 8 unha bóla extra, coas últimas entradas aínda dispoñibles para ser testigos dos novos espectáculos de dous vellos coñecidos do festival, Muerdo e La Pegatina. Precisamente, esta última é unha das bandas máis queridas polo público do SonRías, ademais dun dos grandes reclamos desta edición.

Salir de la versión móvil