Maika Makovski e Bala únense a Zahara no Barbeira Season Fest de Baiona

Publicidad

O Barbeira Season Fest, que se celebrará en Baiona entre o 31 de agosto e o 4 de setembro, vén de confirmar dúas novas incorporacións ao seu cartel que se suman ao anuncio de Zahara como unha das grandes apostas desta edición: trátase da artista e compositora Maika Makovski e da banda galega Bala.

O director artístico do festival, Pablo Novoa, comenta que “estas dúas novas confirmacións continúan a redondear a programación e o concepto do Barbeira que queremos: un festival pequeno pero poderoso no que a calidade dos artistas conformen un cartel diverso, sorprendente e para distintos tipos de públicos”.

Dende a primeira edición, o Barbeira Season Fest asinou un compromiso coa música e a cultura e tamén coa necesidade de impulsar grupos e creadores emerxentes para o que, este ano, segundo apunta, “gardamos unha sorpresa que dará que falar”. Por outra banda, Novoa anuncia tamén que “faremos unha conexión máxica con Portugal traendo propostas do país viciño”, aproveitando o paso do Camiño Xacobeo Portugués por Baiona.

Abono de lanzamento “Confía e aforra”

O público que queira asistir ao Barbeira Season Fest pode mercar xa o abono de lanzamento a un prezo de 35€ na súa web, só ata as 23:59h. deste mesmo sábado.

Ademais, todas as persoas usuarias do Carné Xove poderán mercar as entradas ao Barbeira Season Fest cun 15% de desconto. O Barbeira Season Fest conta, polo de agora, coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Baiona e Mahou como patrocinador privado principal.

Salir de la versión móvil