Máis de cen bailaríns de danza moderna danse cita este sábado no Centro Cultural de Beade

Grupo de bailarinas. // (Asociación de Veciños de Beade)

Publicidad

Asociación de Vecinos, Consumidores y Usuarios Centro Social Cultural Recreativo (A.V.C.U – C.S.C.R.)  de Beade ven de presentar a programación cultural “Cereixa de sol” do mes de xullo, estando protagonizada polo “Festival de fin de curso de baile moderno”, un evento que terá lugar este sábado 1 de xullo ás 19:00 horas no auditorio do Centro Cultural de Beade e con entrada de balde.

Nel daranse cita máis de cen bailaríns de todas as idades, pertencentes a Community Dancers do C.S.C.R. de Beade, formación que engloba diversos estilos da danza; New Era, de rango urbano e, como baile de raíz, o Grupo de Sevillanas do C.S.C.R. de Beade.

Ademais, os asistentes ao acto poderán visitar unha nova proposta artística na Sala de Exposicións do C.S.C.R., estando protagonizada pola “Mostra dos alumnos do curso de pintura do C.S.C.R. de Beade”, impartido por José Miranda.

Salir de la versión móvil