Máis de trinta xogos tradicionais tomarán o centro de Ponteareas

Publicidad

A Concellería de Eventos que dirixe a tenente de alcalde Cristina Fernández convida a toda a veciñanza a desfrutar dunha tarde de tarde xogos tradicionais este sábado día 28 a partir das 18:00 horas na Praza Maior.

Máis de trinta xogos para tódalas idades porán a proba a habilidade, puntería e estratexia dos e das participantes. A Praza Maior será testemuña dun reencontro coa tradición popular no que os maiores poderán rememorar momentos da súa infancia e tamén transmitir os seus coñecementos no manexo dos xogos aos máis novos.

Xogos de habilidade como o esquí de parellas, o xogo do aro, os zancos ou pala furada; xogos de taboleiro e xogos de lanzamento para executar de xeito individual ou en grupo.

A tenente de alcalde Cristina Fernández explica que nesta xornada de lecer se brinda a ocasión de realizar unha actividade en familia promovendo a colaboración e o traballo en equipo, ademais de incentivar a relación de maiores e pequenos.

A veciñanza poderá gozar desta actividade totalmente de balde e poderá coñecer unha parte da historia dos nosos maiores e antergos. A concelleira adianta que en caso de mala climatoloxía, os xogos trasládanse ao colexio nº1 Nosa Señora dos Remedios.

Salir de la versión móvil